Agustín Fernández, premio Nacional de Literatura Infantil

eraser 26 octubre, 2008 0


http://video.google.com/videoplay?docid=8449647494453658617

http://toplibros.es/wp-content/uploads/2008/10/agustin1.jpgAquí os traemos hoy una entrevista, un texto de Agustín Fernández reciente premio nacional de literatura infantil, una lectura preciosa del autor del libro premiado ‘O unico que queda é o amor’ (‘Lo único que queda es el amor’). Se titula de amor de agosto… y por último, un video, en el que Agustín Fernández Paz les explica a los niños como é o proceso que el segue para escribir as súas novelas e fálanos dos 6 ou 7 borradores previos ao definitivo “Salvo aos xenios, e eu non o son, ás persoas normais as cousas non nos saen á primeira”…

enhorabuena…!!!

O enigma do menhir

1

Hai ensinanzas que só a vida che pode aprender, pois é o paso dos anos quen nos vai facendo aceptar o que noutrora xulgariamos insoportable. Cando se chega á miña idade, afeita a convivir de xeito permanente coa traxedia que tanto me marcou, a angustia perde os seus peores matices e acaba por integrarse na memoria coma se fose un vello membro do clan familiar.
Pero a noticia que acabo de ler no xornal de hoxe produciu dentro de min un efecto perturbador, e fíxome aflorar de novo as peores lembranzas. As protestas contra a destrucción do monte do Coto do Rei van en aumento, a xente oponse a que a autoestrada o coute polo medio e medio. As declaracións dos opositores son as de sempre, cántas veces non as terei oído xa: que é unha das poucas zonas do concello onde as árbores autóctonas aínda permanecen, que hai valiosos restos de orixe prerromana, que o seu valor paisaxístico e ecolóxico é incalculable… Eu mesma, noutras circunstancias, tamén subscribiría esa defensa. ¿Como podo explicar entón o temor que me invade cando penso que os políticos de Madrid poden ceder a estas presións? Total, para eles este non é máis que un lugar afastado do noroeste da península, un punto do mapa sen ningún significado especial. Qué máis lles ten ceder, deixar que a autoestrada rodee o monte, aínda que teña que ter unha curva máis. ¡Se mesmo lles é máis barato facelo así!
Sen embargo, o meu desexo máis intenso é ben distinto: que entren canto antes as máquinas escavadoras, as padeadoras, os camións. Que troncen as árbores, que rebaixen o monte polo medio e medio, que derruben os restos que a xente chama prerromanos. Que non quede nada en pé, que desfagan canto hai, que non deixen unha pedra no seu sitio. E que logo o sepulten todo baixo toneladas de rocha e de cascallo, e boten por riba ben capas de cemento e alcatrán. É o destino mellor para ese lugar maldito, ese lugar que ningún día da miña vida puiden expulsar do territorio dos meus soños.

http://video.google.com/videoplay?docid=-1767921422251875154

Imagen de previsualización de YouTube

bed and breakfast barcellonacasas ruralescoches a la ventacoches seminuevosdespedida de solteroDespedidas de solteradespedidas de soltera en madriddespedidas de solteroOfertas de viajepapel regalo